As placas litosféricas

Maio 14, 2009 at 4:14 pm (Teoría) (, , , , , )

      A litosfera terrestre non é continua, senón que está dividida en anacos que encaixan uns nos outros. Estes cachos chámanse placas litosféricas.

 

Existen tres tipos de placas litosféricas:

- Continentais: están constituídas exclusivamente por litosfera continetal, como a placa iriana.

- Oceánicas: están formadas por litosfera océanica, como a placa pacífica.

- Mixtas: están constituídas por litosfera oceánica e continental. Son placas que portan continentes, como a de sudamerica ou a eurasiática.

As placas litosféricas desprázanse lentamente sobre a mesosfera, arrastrando co seu movemento os continentes que están incluídos nelas.

Como consecuencia deste continuo desprazamento, próducese, nas zonas de contacto das placas, rozamentos que orixinan terremotos, volcáns e cordilleiras.

Ligazón permanente Deixar un comentario

Como pode chegar a ser a evolución!!!

Marzo 27, 2009 at 12:25 pm (Teoría) (, , )

Fai moito tempo que certos científicos deron lugar a unha teoría chamada teoría evolucionista, é dicir, como evolucionaron co paso do tempo os diferentes tipo de especies. Este é un esquema do que xurdiu fai miles de anos por medio da evolución.

Como podemos observar  na imaxe anterior, dende os  nosos antepasados ata o de agora  houbo un cambio impresionante. Fumos evolucionando e adaptandonos os diferentes medios de vida.

Este é un vidio do darwinismo.

Ligazón permanente Deixar un comentario

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.