Isto si que é millo!!!!

Xuño 15, 2009 at 8:25 pm (Cultivos)

 

Ligazón permanente Deixa un comentario

NatUReZa eN Galicia

Xuño 15, 2009 at 7:59 pm (Cultivos, Terras Famosas)

     Galicia ten unha gran porcentaxe de bosque con máis de 600 millóns de árbores cubrindo a súa superficie, valorada en 28.000 millóns de euros, onde se desenvolven importantes especies forestais en estado natural, se ben nas últimas décadas as características boscosas están cambiando debido á importación do eucalipto, quedando un número de fragas reducido, en particular no centro-norte da provincia de Lugo. Dentro do aproveitamento da terra fóronse introducindo diversos cultivos, pero respecto á cantidade de terra dedicada compiten cos pastos debido á presión do aproveitamento económico do gando.

      Galicia é unha forte potencia de riqueza forestal para o Estado Español. A pesar dos incendios forestais que queiman moitas hectáreas tódolos anos, a madeira producida en Galicia é unha importante fonte de ingresos, así como a pasta de celulosa procedente de madeiras brandas.

       A rexión é unha zona de transición entre tres climas e os seus biotopos: atlántico, con bosques de carballos, bidueiros, amieiros, etc.; mediterráneo, principalmente nos vales interiores dos grandes ríos, con elementos significativos coma estevas, sobreiras, erbedos, etc.; continental bastante suavizado, con elementos puntuais coma teixos, acivros, algúns abetos (alóctonos), piñeiros vermellos, etc.; Debido á bonanza do clima, danse tamén facilmente especies subtropicais e mesmo tropicais: palmeiras, orquídeas, etc. En Galicia houbo tres revolucións botánicas ou forestais, que se deron en tres épocas diferentes e con resultados ben distintos. Os animais que se ven topicamente como máis característicos de Galicia son domésticos, e corresponden ás explotacións gandeiras.

     Porén, os bosques e montes galegos albergan unha variedade de pequenos mamíferos (lebres, coellos) e outros non tan pequenos (como xabarís ou corzos) que son aproveitados nas tempadas de caza.

Ligazón permanente Deixa un comentario

Todo patacas

Abril 20, 2009 at 2:30 pm (Cultivos)

Agora no tempo das patacas imos axudarlle a Ramiro a plantar nas patacas. Este home naceu en Ourense  e fai vinte anos que leva nesa cidade e aínda non saiu nunca. Hoxe dicidiu ir a unha aldea pasar as vacacións pero non sabe como dicirlle o seu amigo co que está a pasar as vacacións que el nunca na súa vida plantou unhas patacas.

O seu amigo explicoulle que tiña que cortar as patacas, deixando a semente e despois o seu avó iba abrir os regos e simplelmente tiña que votar alí as patacas un pouco  separadas para que non naceran todas xuntas.

Ramiro conseguiu aprender a sementar as patacas e pasa-lo ben na súa histórica viaxe na aldea.

http://www.todopatatas.com/gal/historiagal.php

Ligazón permanente Deixa un comentario

Un MunDO, UNHA iLuSióN…

Marzo 24, 2009 at 12:26 pm (Cultivos) (, )

      Que pasa cando chega a primaveira?? Comeza

a achegarse de novo as flores, os días medran e a vida

faise máis curta.  Isto é un pouco de historia:

A primavera é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co equinoccio de primavera (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio norte, e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio sur), e remata co solsticio de verán (arredor do 21 de xuño no hemisferio norte e o 21 de decembro no hemisferio sur). Aínda que ás veces é considerada como os meses enteiros de marzo, abril e maio no hemisferio norte e setembro, outubro e novembro no hemisferio sur

Ligazón permanente Deixa un comentario